La Molinera, un restaurante a pé do río en Nigrán

O día do meu aniversario non tiña previsto facer nada especial, pero os meus amigos organizaron un día que non vou esquecer.

 

O destino foi totalmente sorpresa, e escolleron o restaurante La Molinera de Nigrán para o evento. Atópase xusto á beira do río Miñor, que desemboca no océano Atlántico.

Un lugar con vistas e diversidade de pratos

Pola súa localización xa debedes intuír que ten unhas vistas moi bonitas, sobre todo cando a marea está alta. Para poder desfrutalas, conta cunha gran terreza con parasois onde poder gozar da comida coa brisa. Pero tamén ten instalacións interiores, para poder estar a gusto en calquera época do ano.

 

Nesta ocasión chegamos cara ás 14:30 h dun domingo con reserva para 6 persoas, e puidemos observar que o aforo exterior estaba totalmente completo.

 

Era un día de bastante calor, polo que todos pedimos para beber unhas augas fresquiñas mentres decidiamos que comer (2,9€ cada auga grande). Ao final decantámonos por pedir pratos para compartir, e na primeira tanda tomamos:

 

  • Revolto de polbo e grelos – 12,9 €
  • Dous pratos de tiras de polo – 12,9 € cada un
  • Chipiróns con patacas alioli – 16,9 €

 

A verdade é que todo estaba delicioso, as tiras de polo ben crocantes, os chipiróns co seu aceitiño e o revolto sorprendeume pola súa textura.

Comida para compartir, pero os postres individuais 😋​

Despois pasamos a unha segunda tanda:

 

  • Dous pratos de picaña de vacún – 24,9 € cada un
  • Tosta de solomillo con cebola caramelizada – 13,9 €

 

No meu caso xa non era a primeira vez que tomaba a tosta, é un dos meus pratos favoritos do lugar, especialmente pola cebola que é exquisita.

 

A picaña viña feita ao punto, pero algúns anacos estaban máis crus, e persoalmente non me gustaban nada. Tamén tiñan bastante nervio e facíase difícil de mastigar. O sabor era bo pero non me encantou.

 

Para rematar tocaba adozar a boca con algo doce. No meu caso escollín:

 

  • Coulant de chocolate con xeado de vainilla – 5,9 €

 

Estaba perfecto, por fóra firme e por dentro derretíase o chocolate quente. Acompañado do xeado, facía un contraste riquísimo. Pero os meus amigos tamén fixeron boas eleccións:

 

  • Tarrina de chocolate branco e negro – 5,9 €
  • Mousse de Oreo – 4,9 €
  • Carrot cake – 5,5 €

Debemos destacar que polo servizo/pan cobraban 1,3€ por persoa, polo que ao final unha comida para compartir para 6 persoas costou 166,4€.

 

Non é de estrañar que La Molinera teña moi boas críticas: moita xente eloxia a terraza fronte ao río, a variedade de pratos e a atención amable do persoal, incluso cando o local está cheo, como adoita pasar en fins de semana con boas temperaturas.

 

Claro, como en calquera restaurante popular, algunhas opinións sinalan que ás veces pode estar algo concorrido, pero a maioría coincide en que as vistas, a calidade da comida e o ambiente compensan con creces.

 

No meu caso esta era a segunda vez que visitaba este restaurante, pero a primeira que viña comer aquí. Teño que dicir que no meu caso o lugar encántame visualmente, está moi ben decorado cunha estética moderna ; pero en canto a comida creo que as racións son bastante pequenas tendo en conta o prezo. Pode que se prime máis o experiencial e a calidade do producto, pero tampouco sentín que fora algo extraordinario.

  • All Posts
  • Cultura
  • Gastronomía
  • Ocio
  • Rutas
    •   Back
    • Aventura
    • Nocturno
    • Anti-choiva
    • Visitas
    •   Back
    • Arte e cine
    • Historia
    • Música
    • Tradicións
    •   Back
    • Cascadas e pozas
    • Miradoiros
    • Costeiras
    • Bosques
    •   Back
    • Menú do día
    • Tapas e racións
    • Comida rápida
    • Doce
Andrea Iglesias
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.