4 lugares máxicos da illa da toxa
O outro día apetecíame visitar esta singular illa que facía anos que non pisaba.
Agochada na ría de Arousa, a súa fama comezou a medrar grazas ás propiedades terapéuticas das súas augas termais, que durante décadas atraerían visitantes de todas partes. Un dos símbolos máis importantes desa etapa foi o antigo balneario de augas termais, un espazo que durante moitos anos representou o luxo e o descanso para quen buscaba curación ou benestar.
Porén, a súa historia sufriu un xiro tráxico cando no ano 1987, un incendio provocou o seu peche definitivo. Aquel suceso marcou un antes e un despois para a illa, deixando atrás unha época dourada.
Aínda así, o balneario actual segue sendo un dos máis famosos de Galicia, acollendo a milleiros de hóspedes e personaxes famosos.
Unha capela curiosa
Outro dos lugares máis emblemáticos da Toxa é a famosa Capela das Cunchas, coñecida por ser a única no mundo recuberta completamente con cunchas de vieira.
Esta pequena igrexa destaca non só pola súa estética, senón tamén pola historia curiosa que a acompaña. Nos anos 40, un albanel tivo a idea de cubrir parte da capela con cunchas para protexela das fortes choivas que castigaban especialmente a zona sur.
O seu enxeño pretendía ser unha solución práctica, e tanto foi así que co paso dos anos a iniciativa acabou por cubrir o edificio por completo. O resultado é unha auténtica xoia arquitectónica e cultural que chama a atención de visitantes de todo o mundo.
Pero existe un problema, os visitantes queres deixar unha pegada no lugar e asinan as vieiras. Polo tanto, podemos observar unha morea de pintadas que opacan a beleza desta obra.
Un bosque peculiar
De sorpresa tamén atopamos unha ruta polo bosque, un percorrido tranquilo e cheo de encanto, pero non tardamos moito en darnos conta que tiña algo especial. Ao longo do camiño pódense atopar multitude de figuras esculpidas en madeira, integradas entre as árbores e a vexetación como se formasen parte do propio bosque. Estas esculturas crean un ambiente case máxico, con representacións de animais e seres mitolóxicos.
A ruta remata nun lugar moi especial: un parque chamado A Aldea Grobit, un espazo inspirado no universo de O Señor dos Aneis. Alí, as pequenas casas e elementos decorativos lembran a vida dos hobbits. Integrado no medio delas había un parque infantil, facendo que tanto nenos como adultos se sintan dentro dun conto.
Por último, moi preto do parque, pódense ver uns burros que tamén forman parte do encanto e da tradición deste lugar. Conta a lenda que o primeiro habitante da illa, e mesmo o causante do descubrimento das augas medicinais, foi un burro. Dise que este animal, enfermo e cheo de feridas, revolcouse no barro das augas termais e ao pouco tempo recuperou a súa saúde. A partir dese momento, a xente comezou a interesarse polas propiedades curativas do lugar. Por iso, estes burros son hoxe unha especie de homenaxe viva á historia e á lenda que fixeron da Illa da Toxa un destino tan especial.
Se tes a oportunidade, tes que reservar un día para desfrutar nesta pequena illa tan curiosa.
- All Posts
- Cultura
- Gastronomía
- Ocio
- Rutas
- Back
- Aventura
- Nocturno
- Anti-choiva
- Visitas
- Back
- Arte e cine
- Historia
- Música
- Tradicións
- Back
- Cascadas e pozas
- Miradoiros
- Costeiras
- Bosques
- Back
- Menú do día
- Tapas e racións
- Comida rápida
- Doce


